Os comerciantes do mercado de abastos doan alimentos ás familias máis desfavorecidas de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
23 de decembro 2020

Os placeiros iniciaron en novembro unha campaña solidaria que culminou este martes coa entrega de decenas de quilos de produtos frescos ao alcalde Andrés Díaz, que se encargou de entregalos nos fogares seleccionados por Servizos Sociais

Comerciantes da praza de abastos de Ponte Caldelas entregan alimentos ás familias desfavorecidas do municipio Concello de Ponte Caldelas

Os comerciantes da praza de abastos de Ponte Caldelas fixeron entrega este mércores dunha doazón de produtos frescos para repartir entre as familias máis vulnerables do municipio.

Os vendedores iniciaron a mediados de novembro unha campaña solidaria coa instalación de urnas para que os clientes deixasen os seus donativos. a recadación serviu para complementar a achega de cada un dos placeiros. 

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz; acompañado por membros do seu grupo de goberno recolleron os produtos para repartilos o martes entre as familias seleccionadas polo departamento de Servizos Sociais."Quero agradecer, en nome de todos os veciños de Ponte Caldelas, aos comercios da Praza de Abastos esta fermosa iniciativa que demostra que vale a pena mercar en Ponte Caldelas", indicou o rexedor.

Frutería Mila Piñeiro, Peixaría Silmar, Carnicería Cándido e Carnicería Jesús Muíños doaron 18 coliflores, 12 piñas, 17 quilos de plátanos, 17 quilos de laranxas, 10 quilos de mazás, 12 quilos de dourada, 12 quilos de robaliza e 18 quilos de tenreira, pito, porco e chourizos.