Os colexios da área sanitaria suman 65 casos positivos, 21 deles no Álvarez Limeses

Pontevedra
24 de novembro 2021

Ascenden a sete as aulas clausuradas debido ao coronavirus en centros educativos da área, tres máis que hai unha semana

Os conselleiros de Sanidade e de Educación nun colexio Xunta de Galicia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) actualizou este mércores o número de casos activos de covid-19 nos centros educativos da área de Pontevedra que suma 65 contaxiados. Isto supón 26 casos máis que o pasado mércores. 

Tamén aumentan as aulas pechadas por mor da pandemia que xa son sete, tres máis que fai sete días.

No seu parte semanal, a Consellería de Educación cita o brote do Ceip Álvarez Limeses de Pontevedra, con 21 infeccións e catro aulas pechadas. 

No resto de centros educativos de Galicia os casos diagnosticados duplicáronse con respecto a hai unha semana e ascenden xa a 658, que representan 351 máis que os 307 do mércores pasado, mentres que se aumentan a 46 as aulas pechadas no últimos sete días pola incidencia deste coronavirus, unha trintena máis.