Os coches 'clásicos' tomarán este domingo Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
17 de xullo 2024

Vehículos anteriores a 1991 participarán na sétima edición da concentración de coches clásicos que o Club Amigos dos Vehículos Antigos (AVA) celebrará este domingo 21 de xullo na Alameda de Ponte Caldelas

Concentración de Vehículos Clásicos en Ponte Caldelas

Vehículos anteriores a 1991 participarán na sétima edición da concentración de coches clásicos que o Club Amigos dos Vehículos Antigos (AVA) celebrará este domingo 21 de xullo na Alameda de Ponte Caldelas.

Os coches comezarán a chegar á vila ás dez da mañá e, contra as doce do mediodía, farán unha ruta por todo o municipio, con parada na carballeira de Mirón.

Alí haberá animación musical co grupo Airiños da Fracha.

Os participantes regresarán á Alameda a partir as 14:00 horas e ata as sete da tarde o público poderá contemplar os vehículos que se acheguen este ano.

Aqueles que queiran exhibir os seus coches deben inscribirse no teléfono 638 949 843 ou no correo electrónico ava.pontevedra@gmail.com.