Os "baños de bosque" arrancan con gran éxito cun paseo por Tambo

Poio
23 de abril 2023

Unha ruta de 2,5 quilómetros, hora e media de duración e dificultade baixa por un enclave natural e histórico cheo de espazos para desfrutar con toda a intensidade dos "baños de bosque". Así foi este domingo o percorrido do programa Bosques Terapéuticos pola illa de Tambo

Paseo pola illa de Tambo dentro do programa "Bosques terapéuticos" Deputación de Pontevedra

Unha ruta de 2,5 quilómetros, hora e media de duración e dificultade baixa por un enclave natural e histórico cheo de espazos para desfrutar con toda a intensidade dos "baños de bosque". Así foi este domingo o percorrido do programa Bosques Terapéuticos pola illa de Tambo.

Os participantes chegaron á illa desde o porto de Combarro e foron guiados por Sergio Portela e Siegrun Bischof, sempre coas pautas da camiñada en silencio, a desconexión dos móbiles e a respiración profunda para gozar do momento e sentirse parte desta experiencia.

O paseo percorreu parte das 28 hectáreas de Tambo, na que a pesar de haber unha notable presenza de eucalipto e acacias hai elementos naturais fermosos, como é o caso da praia Area Grande e o seu sistema de dunas, o faro, os peiraos ou os restos do lazareto e do polvorín.

Este enclave foi o máis demandado de todos os que a Deputación incluíu nesta iniciativa.

As prazas para a vindeira visita a Tambo, prevista para o 20 de maio, xa están esgotadas.

Aínda quedan outros catro percorridos previstos na illa pontevedresa os días 25 de xuño, 2 e 22 de xullo e 6 de agosto. Para o primeiro deles, a inscrición abrirá o próximo 15 de maio.