A empresa Empark, que xestiona os aparcadoiros da Praza de España e Montero Ríos, distribuíu entre os seus clientes desde finais do pasado mes de marzo 1.200 vales de 30 minutos e 400 de 12 horas de estacionamento gratuíto.
Segundo explicou este xoves o responsable dos aparcadoiros, Anxo Silva, moitos usuarios aínda seguen a desfrutar este agasallo en tempo de aparcamento.
Anxo Silva, explicou que "nesta campaña decidimos apoiar ao comercio local do único xeito en que o podemos facer nós, que é facilitándolles o estacionamento, regalando un total de 1.600 vales, así como unha taciña promocional, entre distintas empresas e establecementos da zona de influenza dos parkings".
"Tratábase de facilitar que, tanto os traballadores como os clientes destas empresas, puidesen aparcar con todas esas horas de aparcamento de balde. Rematamos de repartilos hai unhas semanas e os usuarios aínda teñen unhas cantas semanas máis para desfrutalos", asegurou Silva.