O Concello de Pontevedra está a levar a cabo o acondicionamento dos estacionamentos disuasorios da cidade. Ademais de pór a disposición un novo espazo de 3.000 metros para aparcamento de balde no barrio do Burgo, tamén acaba de realizar traballos de mantemento nas dúas parcelas de terra próximas ao Pavillón Municipal.
Como soe ser habitual, nestas parcelas faise un tratamento brando coa achega de xabre para tapar os furados que acaban realizando os vehículos co uso diario. Durante a pasada semana estiveron parcialmente pechados para realizar estes traballos, e agora se atopan en bo estado para poder pasar o inverno nas mellores condicións posibles causando as menores molestias para os condutores.
Ademais, a Concellaría que dirixie Luís Bará tamén puxo a disposición nestes días o estacionamento disuasorio no barrio do Burgo que xa se está a empregar a pleno rendemento, e tivo unha moi boa acollida por parte dos veciños e establecementos do lugar.
Ao respecto do estacionamento de balde que se está a acondicionar no barrio da Parda situado na parcela prevista para o novo edificio do instituto Carlos Oroza-, xa se remataron os traballos de roza e tala de especies invasoras, así como a explanación. Nestes díasremataranse outras pequenas obras como a sinalización do estacionamento, e a previsión que se poida abrir antes do Nadal.