A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas expuxo este xoves que o custo de arrendar a praza de touros de Pontevedra durante 2020 sexa dedicado á compra de produtos sanitarios como mascarillas e equipos de protección individual que poidan ser repartidos de forma gratuíta entre a cidadanía e, en especial, os traballadores que seguen realizando a súa actividade en plena pandemia.
Calculan que con ese montante poderíanse mercar máis de 15.000 mascarillas e máis de 1.200 equipos de protección individual.
Os abolicionistas instan ao Concello a cancelar calquera acordo comercial co "lobby taurino local" e reorientar os fondos públicos.
Neste sentido Galicia, Mellor Sen Touradas xa reclamou a cancelación da miniferia taurina que tería lugar en agosto no municipio.