Os alumnos de 6º de primaria do colexio San José de Pontevedra, acompañados por dous profesores do centro, realizaron unha visita á Catedral de Santiago.
Segundo informou o profesor Gonzalo Jara, foi unha completa visita na que puideron ver o interior do templo, o museo, as torres, a colección permanente, e o Códice Calixtino.
Tamén estiveron nas cubertas, unha experiencia moi motivadora para os alumnos que mostraron moitísimo interese durante todo o percorrido, facéndolles bastantes preguntas a cada unha das guías que lles acompañaron durante esta visita.
MUSEO MASSÓ
Así mesmo, desde o día 6 ata o día 21 do presente mes, todos os alumnos do centro, desde a clase de 3 anos ata a clase de 6º de primaria, acompañados polos seus correspondentes profesores, fixeron unha visita ao Museo Massó de Bueu para realizar cada un dos cursos, un taller diferente aproveitando o Proxecto de "os piratas" que estamos a traballar durante este ano.
Aproveitando a saída, tamén viron os diferentes barcos tradicionais que hai no porto e deron unha volta polo Mercado de Abastos destacando a amabilidade de todos e cada un dos comerciantes alí presentes.