Organizan un Entroido Palleiro destinado a obter fondos para a protectora de animais

Pontevedra
13 de febreiro 2015

O vindeiro mércores 18, festivo en Pontevedra, a asociación protectora Os Palleiros organiza esta festa de disfraces no Teatro Principal co obxectivo de sensibilizar a pais e nenos sobre a importancia da educación en relación co trato dos cans

Presentación do Entroido Palleiro PontevedraViva

A asociación protectora de animais de Pontevedra Os Palleiros celebrará o próximo mércores 18, festivo en Pontevedra, un Entroido Palleiro no Teatro Principal a partir das 17.00 horas, despois de cambiarse o espazo inicial para a celebración que estaba previsto no Pazo da Cultura.

Betty Suárez e Carme Vázquez, directivas do colectivo, presentaron acompañados polo concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira, este evento co que pretenden lograr fondos para manter as actividades da asociación.

Ao mesmo tempo, con esta iniciativa na que participa unha escola de danza de Vigo cunha parella de campións do mundo de baile, ademais de grupos de animación e Pinga Teatro quérese sensibilizar os pais sobre a importancia da educación cara aos animais e mostrar que "o can non é un xoguete", indicou Betty Suárez. O colectivo insiste en concienciar os cidadáns para que adopten os cans en lugar de mercalos.

Nesta ocasión, ao realizarse o acto no interior do edificio, as mascotas non poderán acompañar os propietarios a un acto aberto a todo o público que queira asistir con entradas a un prezo de 5 euros para nenos e adultos.

Arquivado en