Orbil leva a revolución ao cole de Ponte Sampaio

Pontevedra
18 de febreiro 2019

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril no Pazo da Cultura e estará dedicado á revolución

Visita de Orbil ao CEIP Ponte Sampaio CEIP Ponte Sampaio

O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio recibiu este luns a visita de Orbil, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

O Salón, que cumpre vinte anos, celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril no Pazo da Cultura e estará dedicado á revolución.

Esta visita de Orbil enmárcase dentro das múltiples e variadas actividades que se celebrarán este ano no centro educativo con motivo do Salón do Libro. 

O alumnado gozou coa visita de Orbil que compartiu con todos eles moitas das súas inquedanzas.

Dende o equipo directivo do centro aseguraron que "foi unha experiencia moi gratificante".