Operativo de tráfico polo desfile do entroido

Pontevedra
12 de febreiro 2015

O próximo sábado 14 de febreiro con motivo do desfile do Entroido e dada a gran cantidade de público que atrae este evento, tanto de Pontevedra como de fora, a Policía Local pon en marcha un dispositivo de tráfico co fin de garantir a seguridade viaria e o desenrolo do mesmo

Unha moza disfrazada de policía Juan Mejuto

O próximo sábado 14 de febreiro con motivo do desfile do Entroido e dada a gran cantidade de público que atrae este evento, tanto de Pontevedra como de fora, a Policía Local pon en marcha un dispositivo de tráfico co fin de garantir a seguridade viaria e o desenrolo do mesmo.

Os cortes de tráfico faranse a partir das 16:30 horas, excepto Xosé Malvar (lugar de concentración das carrozas y comparsas) que poderá cortarse antes (aproximadamente ás 15:00 horas).

Procederase ao corte de tráfico nas rúas Xosé Malvar (dende o cruce coa rúa A Seca ata a rotonda de Loureiro Crespo), Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda (tramo entre Praza de España e Rúa Echegaray) e as rúas adxacentes (Cobian Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xavier Puig).

Os cortes de tráfico terán a mínima duración, de tal xeito que a apertura farase a medida que transcorra o desfile e a limpeza viaria.

PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO

Co fin de garantir a seguridade viaria prohíbese o estacionamento en todas as rúas por onde transcorrera o desfile. A rúa Xosé Malvar dende o sábado a partir das 08:00 horas, Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal a partir das 12:00 horas e a rúa Echegarai (marxe esquerdo) a partir das 15:00 horas.

Días antes o Concello de Pontevedra colocará o valado coa sinalización de prohibido o estacionamento.

A partir das horas sinaladas procederase ao traslado dos vehículos co guindastre.

OPERATIVO TRÁFICO

Na previsión dunha gran afluencia de vehículos A Policía Local de Pontevedra prestará especial atención as entradas e saída da cidade (Ponte dos Tirantes, Rotonda San Roque, Paseo Colon con Raíña Vitoria, Eduardo Pondal con Uxío Novoneira e Otero Pedrayo con Eduardo Pondal). Se fora necesario, coa fin de garantir a máxima fluidez do tráfico, poderanse habilitar desvíos puntuais.

As vías alternativas ao tráficon son:

  • Acceso e saída Avenida de Lugo (dirección Ourense)
  • Cara Ponte dos Tirantes: Rotonda Montecelo, Rúa da Pomba, Santa Margarita, A Seca, Xosé Malvar, Ponte dos Tirantes. Esta saída e entrada pódese ver afectada pola ocupación das carrozas na rúa Xosé Malvar, o que provocará desvíos puntuais a través da Avenida de Bos Aires cara Monteporreiro.
  • Zona Este: Avenida de Lugo, Xoán Carlos I. Saída e entrada pola nova ponte dos Xulgados. (O tráfico procedente de Doce de Novembro cara Xosé Malvar, serán desviados pola rúa Estrada Cara a Xoán Carlos I.
  • Acceso zona Norte e Oeste polas avenidas de Beiramar: Avenida Marín, Corbaceiras, Uruguay, Avenida Compostela, Paseo Domingo Fontán.
  • Saída cara a Poio:
    • Avenidas Orillamar: Corbaceiras, Uruguay, Xofre Tenorio e Alfonso XII.
    • Ponte Santiago, Avenida Compostela, Xoán Manuel Pintos e Paseo Domingo Fontán.

 

Recoméndase a utilización da AP-9 como alternativa de acceso e saída da cidade.

APARCADOIROS EN SUPERFICIE DE BALDE

A Policía Local de Pontevedra recomenda a utilización dos aparcadoiros en superficie e gratuitos das zonas de Xoán Manuel Pintos (Pavillón de Deportes) , explanada Recinto Feiral e o Peirao das Corbaceiras

Arquivado en