O próximo sábado 21 de febreiro con motivo do desfile do Entroido e dada a gran cantidade de público que atrae este evento, tanto de Pontevedra como de fora, a Policía Local pon en marcha un dispositivo de tráfico co fin de garantir a seguridade viaria e o desenrolo do mesmo.
Os cortes de tráfico faranse a partir das 16:30 horas, excepto Xosé Malvar (lugar de concentración das carrozas y comparsas) que poderá cortarse antes (aproximadamente ás 15:00 horas).
Procederase ao corte de tráfico nas rúas Xosé Malvar (dende o cruce coa rúa A Seca ata a rotonda de Loureiro Crespo), Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda (tramo entre Praza de España e Rúa Echegaray) e as rúas adxacentes (Cobian Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xavier Puig).
Os cortes de tráfico terán a mínima duración, de tal xeito que a apertura farase a medida que transcorra o desfile e a limpeza viaria.
PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO
Co fin de garantir a seguridade viaria prohíbese o estacionamento en todas as rúas por onde transcorrera o desfile. A rúa Xosé Malvar dende o sábado a partir das 08:00 horas, Doutor Loureiro Crespo e Benito Corbal a partir das 12:00 horas e a rúa Echegarai (marxe esquerdo) a partir das 15:00 horas.
Días antes o Concello de Pontevedra colocará o valado coa sinalización de prohibido o estacionamento.
A partir das horas sinaladas procederase ao traslado dos vehículos co guindastre.
OPERATIVO TRÁFICO
Na previsión dunha gran afluencia de vehículos, a Policía Local de Pontevedra prestará especial atención as entradas e saída da cidade (Ponte dos Tirantes, Rotonda San Roque, Paseo Colón con Raíña Vitoria, Eduardo Pondal con Uxío Novoneira e Otero Pedrayo con Eduardo Pondal). Se fora necesario, coa fin de garantir a máxima fluidez do tráfico, poderanse habilitar desvíos puntuais.
As vías alternativas ao tráficon son:
- Acceso e saída Avenida de Lugo (dirección Ourense)
- Cara Ponte dos Tirantes: Rotonda Montecelo, Rúa da Pomba, Santa Margarita, A Seca, Xosé Malvar, Ponte dos Tirantes. Esta saída e entrada pódese ver afectada pola ocupación das carrozas na rúa Xosé Malvar, o que provocará desvíos puntuais a través da Avenida de Bos Aires cara Monteporreiro.
- Zona Este: Avenida de Lugo, Xoán Carlos I. Saída e entrada pola nova ponte dos Xulgados. (O tráfico procedente de Doce de Novembro cara Xosé Malvar será desviado pola rúa Estrada Cara a Xoán Carlos I).
- Acceso zona Norte e Oeste polas avenidas de Beiramar: Avenida Marín, Corbaceiras, Uruguay, Avenida Compostela, Paseo Domingo Fontán.
- Saída cara a Poio:
- Avenidas Orillamar: Corbaceiras, Uruguay, Xofre de Tenorio e Alfonso XII.
- Ponte Santiago, Avenida Compostela, Xoán Manuel Pintos e Paseo Domingo Fontán.
Recoméndase a utilización da AP-9 como alternativa de acceso e saída da cidade.
APARCADOIROS EN SUPERFICIE DE BALDE
A Policía Local de Pontevedra recomenda ademais a utilización dos aparcadoiros en superficie e gratuitos das zonas de Xoán Manuel Pintos (Pavillón de Deportes), a explanada do Recinto Feiral e o Peirao das Corbaceiras