Operativo de tráfico con motivo das probas de tríatlon

Pontevedra
21 de agosto 2018

Con motivo do Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia 2018 e do Tríatlon Cross do Concello de Pontevedra a Policía Local ven de presentar un operativo de tráfico especial

Guindastre municipal Mónica Patxot

Con motivo do Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia 2018 e do Tríatlon Cross do Concello de Pontevedra a Policía Local ven de presentar un operativo de tráfico especial.

O próximo martes 21 de agosto comeza a colocación de mais de 350 valados de restricións de estacionamento. 

Quedará prohibido o estacionamento...

  • A partir das 15 horas do xoves 23 de agosto de 2018
    • Avenida Bos Aires (tramo entre a Ponte dos Tirantes ata a glorieta Ponte das Palabras).
    • Padre Gaite
    • Padre Fernando Olmedo (ata porta acceso aparcamento Estadio da Xuventude).
    • Xosé Malvar (tramo cruce de A Seca ata a Ponte dos Tirantes).
    • Travesía Bos Aires (tramo entre glorieta interior antiga Tafisa ata Avenida Bos Aires).
    • Estacionamento disuasorio antiga Tafisa (anexo estacionamento auto caravanas).
  • A partir das 15 horas do venres 24 de agosto de 2018
    • Avenida Uruguai (marxe do río)
    • Avenida Corvaceiras (marxe do río)
    • Praza Barcelos (tramo entre Benito Pérez Villamil e Rouco)
    • Rouco
    • Cobián Roffignac
    • Padre Amoedo
    • Perfecto Feijoo
    • Santa Clara 
    • Cruz Vermella
    • Salustiano Portela Paz
    • Irmáns Sobrino Buhigas
    • Álvaro Cunqueiro
    • Avenida Bos Aires (tramo entre a Ponte do Burgo e Ponte dos Tirantes incluídos estacionamento interior de maxisterio e excluída a fachada) 
    • Praza da Abastos. 
  • A partir das 22 horas do venres 24 de agosto de 2018
    • Alexandre Bóveda
    • Enxeñeiro Rafael Areses
    • Avenida Compostela
    • Celso Emilio Ferreiro
    • Viales do Campus Universitario
    • Estacionamento auto caravanas.

 

Unha vez máis a Policía Local de Pontevedra solicita a colaboración cidadá para que non se estacione no percorrido e que presten especial atención a sinalización vertical circunstancial que modifica o réxime normal de utilización da vía. 

Os vehículos que estacionen con posteridade a colocación do valado serán denunciados e o vehículo trasladados polo guindastre municipal (315 euros).