Operativo de seguridade da Feira Franca

Pontevedra
31 de agosto 2016

O plan de seguridade estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 4 de setembro

Bombeiros revisando hidrantes para a Feira Franca PontevedraViva

O plan de seguridade da Feira Franca estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 4 de setembro.

A partir das 12 horas, un equipo conxunto de Policía Local e de Bombeiros inspeccionará os postos coa fin de comprobar que se adaptan ás normas establecidas pola organización:

  • Nas parrillas, só carbón
  • Extintores preto das parrillas
  • Poderanse instalar só os autorizados.
  • Espazo ocupación autorizado, especialmente nas vías de penetración e evacuación.

 

Durante a celebración da Feira Franca habilitaranse os seguintes puntos de emerxencia:

  • Posto avanzado médico no Teatro Principal
  • Tres ambulancias medicalizadas:
    • Valentín García Escudero
    • Bastida/ Michelena.
    • Alameda.
  • Protección Civil:
    • Praza Ourense.
  • Bombeiros:
    • Praza España
    • Valentín García Escudero.
  • En distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca e estratexicamente colocados, haberá unha batería de extintores.

 

VÍAS DE PENETRACIÓN E EVACUACIÓN

Co fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia establecense como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas: Real – Sarmiento – Isabel II – Curros Enriquez – Fernández Villaverde – Michelena.

AmpArticleViewer.default.tags