Operarios municipais e voluntarios quitan máis de catro toneladas de entullos da praia do Castelete

O Salnés
29 de xullo 2024

Os movementos da area e a erosión do mar conlevan que afloren estes residuos, que durante anos estiveron a depositarse neste areal

Praia do Castelete en Vilagarcía Turismo de Galicia

A praia canina do Castelete, no municipio de Vilagarcía, pódese gozar xa en mellores condicións despois da limpeza extraordinaria levada a cabo a semana pasada por operarios municipais e voluntarios.

Ata catro toneladas e media de entullos retirábanse durante estes traballos que organizou o Concello a pedimento dun grupo de novos usuarios do areal

Durante dous días realizouse este labor de mellora deste espazo natural; a primeira de forma manual e a segunda coa intervención de maquinaria de Urbaser.

Os movementos da area e a erosión do mar conlevan que afloren estes residuos, que durante anos estiveron a depositarse neste areal, antes de que o Concello habilitásea como praia canina e a pesar de que se limpou e acondicionou a tales efectos.