Un soldado destinado na base militar española na Antártida viviu este martes unha sorpresa inesperada en forma de neno de tres anos. Participou, xunto a outros compañeiros, nunha videoconferencia organizada co CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores-Doroteas de Pontevedra e, durante a conexión, saudouno o seu fillo, alumno deste centro.
Os estudantes de Segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) participaron nunha conexión en directo con militares e científicos que desplegadados na base antártica dende o 1 de decembro e recibiron información sobre as diferentes tarefas realizadas por ambos os dous colectivos durante a misión.
Na quenda de preguntas produciuse un dos momentos máis entrañables e emotivos para todos os presentes: a sorpresa ao pai dun alumno do centro. Segundo indicaron dende o colexio, o neno tivo a oportunidade de intercambiar unhas palabras co seu pai.
A videoconferencia coa base 'Gabriel de Castilla', situada en Isla Decepción, é froito das xestións iniciadas dende o centro a mediados do mes de outubro, que o converteron nun dos centros españois seleccionados polo Exército de Terra para poder realizar a actividade.