Ofrecen paseos gratuítos en dorna polo Lérez

Pontevedra
02 de agosto 2022

O Concello de Pontevedra ofrece a posibilidade de gozar dun paseo en dorna polo río Lérez ata a praia de Lourido  

Concentración de embarcacións tradicionais en Combarro Concello de Poio

O Concello de Pontevedra ofrece a posibilidade de gozar dun paseo en dorna polo río Lérez ata a praia de Lourido.

Trátase dunha iniciativa que apoia a Concellería de Turismo Pontevedra durante este mes de agosto.

As persoas interesadas embarcarán en "A Surfeira", unha embarcación tradicional totalmente restaurada. Trátase dunha dorna de 8 metros con 6 prazas por paseo. Os roteiros serán de 40 minutos ida e 40 minutos a volta.

É unha actividade gratuíta e a idade mínima para poder participar é de 5 anos, todos os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto durante toda a actividade.

Os participantes partirán desde o Pantalán do Club Náutico de Pontevedra e navegarán ata a praia de Lourido.

As viaxes están programados para o sábado 13, o domingo 14, o venres 19, o sábado 20 e o domingo 21 de agosto.

As inscricións para participar nesta actividade abriranse o xoves 4 a través da web de turismo Pontevedra: Visit-Pontevedra.