Obras na Lamela para mellorar a seguridade viaria

Sanxenxo
26 de novembro 2023

A actuación consiste no ensanche da pista municipal e a construción dun muro de contención en pleno núcleo da zona, onde o vial estréitase de forma considerable e dificulta o acceso rodado e peonil  

Construcción dun muro na zona da Lamela Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo comezou a realizar as obras no tramo da Lamela, en Bordóns, para mellorar a seguridade viaria na zona

A actuación consiste no ensanche da pista municipal e a construción dun muro de contención en pleno núcleo da zona, onde o vial estréitase de forma considerable e dificulta o acceso rodado e peonil.

Os traballos comezaron esta semana co levantamento de granito e continuarán coa colocación dunha varanda de protección para os peóns que camiñen pola zona. O prazo de execución é dun mes.

Segundo indicaron desde o Concelo, trátase dunha vella demanda veciñal, ao ser un vial moi transitado polos veciños da zona e será afrontada con case 23.000 euros procedentes de fondos municipais.

Pola súa banda, a ampliación da pista nunha lonxitude de 17 metros e de 4 a 6 metros de ancho púidose levar a cabo pola cesión voluntaria de terreo dunha parcela particular anexa ao vial