O xulgado rexeita o emprego dun xeorradar para buscar a Sonia Iglesias en Monte Castrove

Pontevedra
23 de xaneiro 2014

Ademais no auto do titular do xulgado número 3 desestímase outra das dilixencias incluídas no recurso da familia Iglesias, que solicitaba que declarasen varios policías que participaron na investigación

Xulgados da Parda Mónica Patxot

O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, especializado en asuntos de violencia de xénero, rexeitou por segunda vez a petición da familia de Sonia Iglesias de empregar o xeorradar para buscar a pontevedresa desaparecida en Monte Castrove.

A familia Iglesias Eirín sinala Monte Castrove xa que neste enclave atópase situada a antena de telefonía na que repetiu unha chamada realizada polo único imputado, Julio Araújo, dende o seu móbil unhas horas despois da desaparición de Sonia, o 18 de agosto de 2010.

Ademais no auto do titular do xulgado número 3 desestímase outra das dilixencias incluídas no recurso da familia Iglesias, que solicitaba que declarasen varios policías que participaron na investigación.

Contra este auto cabe recurso de apelación ante a Audiencia de Pontevedra.

Arquivado en