O ximnasio municipal da Seca implementará un sistema de control de acceso e aforo

Poio
11 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A medida pretende evitar posibles usos indebidos na instalación e garantir que os monitores poidan centrarse en exclusiva nos usuarios 

Ximnasio municipal da Seca

O Concello de Poio decidiu instalar unsistema de control de accesos e aforo no ximnasio municipal da Seca.

O motivo, ademais de evitar posibles usos indebidos da instalación, é garantir que os monitores poidan centrarse en exclusiva na atención aos usuarios.

Segundo recoñece o goberno local, produciuse nos últimos meses un importante aumento de usuarios no ximnasio municipal, tanto pola xente que acode de maneira individual como para participar en actividades monitorizadas.

Cabe lembrar que o horario actual da instalación deportiva é de 7.00 a 14.00 horas.

En canto ao novo sistema de control de acceso, a súa instalación custará 9.000 euros cun proxecto que será financiado a través do Plan Extraordinario de Insfraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.

Supoñerá a colocación de tornos de entrada e saída, así como a instalación dunha porta para facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida.