O viveiro do polígono de Barro roza o cheo coa incorporación de dous novos proxectos

Barro
23 de maio 2020

A pesar da crise provocada pola COVID-19, hai emprendedores que seguen adiante co lanzamento dos seus proxectos empresariais. Dous destes exemplos son os que se veñen a incorporar ao viveiro que a Deputación ten no polígono de Barro

Viveiro de empresas de Barro Deputación de Pontevedra

A pesar da crise provocada pola COVID-19, hai emprendedores que seguen adiante co lanzamento dos seus proxectos empresariais. Dous destes exemplos son os que se veñen a incorporar ao viveiro que a Deputación ten no polígono de Barro.

A estas instalacións chegaron TayserParts S.L., centrada no comercio ao por menor de accesorios e pezas de recambio para produtos terrestres; e Cellgal Telecom SL, que asentará a súa actividade na instalación e mantemento de equipos de cobertura móbil.

Con estas dúas incorporacións, o viveiro empresarial de Barro ten o 100% das súas naves ocupadas e, no caso das oficinas, a utilización alcanza o 75%.

A través deste viveiro de empresas, a Deputación pretende facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais creativos e innovadores, así como de iniciativas económicas de interese para a provincia.

Deste xeito, este espazo acolle temporalmente proxectos que precisan dun luga para comezar a dar os seus primeiros pasos no mercado e os seus responsables reciben unha ampla gama de servizos de formación.