O vial que une Lapamán coa Coviña e Casás pasa a ser de dirección única

Marín
02 de xullo 2023

O Concello de Marín tomou esta decisión para acabar cos problemas de tráfico que se estaban produciendo nunha estrada que carece do ancho suficiente

Mapa da estrada de sentido único que une Lapamán, A Coviña e Casás Concello de Marín

O Concello de Marín, a través da Concellaría de Seguridade e Mobilidade, informou de que establecerá a dirección única para o vial que une Lapamán, A Coviña e Casás.

Esta decisión tómase pola situación actual que se vivía no tráfico nesta zona, que non conta co ancho abondo para poder manter a doble dirección, xerando graves retencións e problemáticas cando dous vehículos se atopaban nalgún tramo do vial.

Deste xeito, pasará a ser de dirección única ata saír nos Talleres Rodal e xa entroncar coa PO-551.

Despois de levar adiante distintos traballos de sinalización, o obxectivo é que esta nova dirección única poida establecerse desde este sábado, xa que durante o verán e cando hai bo tempo é cando máis problemas se dan neste sentido.