O vial que comunica Viascón con Parada de Tenorio xa ten novo pavimento

Cerdedo-Cotobade
23 de abril 2024

A obra forma parte do plan de mellora de infraestruturas de comunicación e vertebración interior de Cerdedo-Cotobade co que se pretende, ademais de mellorar a seguridade vial, favorecer a interrelación dos distintos territorios para facilitar a súa accesibilidade e conectividade

Novo asfaltado do camiño que comunica Viascón con Parada de Tenorio Concello de Cerdedo-Cotobade

Ata 50.000 euros, procedentes do Plan Marco da Xunta de Galicia, serviron para completar os traballos de rego e afaltado con capa macadam do camiño de 1,5 quilómetros que comunica Viascón con Parada de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade.

Esta intervención permitirá mellorar o acceso dos vehículos que desde Viascón se despracen a Parada de Tenorio e viceversa, destacan desde o goberno municipal.

A obra forma parte do plan de mellora de infraestruturas de comunicación e vertebración interior de Cerdedo-Cotobade co que se pretende, ademais de mellorar a seguridade vial, favorecer a interrelación dos distintos territorios para facilitar a súa accesibilidade e conectividade.

O alcalde, Jorge Cubela, explicou que era unha intervención moi demandada polos veciños "e encaixa dentro do plan de mellora das comunicacións e conectividade dos nosos territorios favorecendo a vertebración interior do noso municipio".