O uso de máscaras será obrigatorio nos espazos pechados e na rúa se non se garanten os dous metros de distancia

18 de maio 2020

Este uso obrigatorio das máscaras hixiénicas e cirúrxicas acordárono o Goberno e as comunidades autónomas e quedará regulado nunha orde ministerial que publicará nos próximos días. Súmase ao uso xa obrigatorio no transporte público 

Persoas con mascarilla pola rúa Mónica Patxot

O uso de máscaras hixiénicas ou cirúrxicas será obrigatorio en espazos pechados e na vía pública "se non é posible garantir a distancia mínima de seguridade de dous metros". 

Así o acordaron o Goberno central e as comunidades autónomas na reunión do Consello interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( SNS) celebrado na tarde deste luns, segundo comunicou o Ministerio de Sanidade a través dun comunicado. 

Este uso obrigatorio das máscaras súmase ao que xa estaba activado para o transporte público e quedará regulado nunha orde ministerial que publicará nos próximos días.

A reunión do Consello interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (SNS) tamén serviuservido para que o Ministerio anunciase que fará un envío de luvas e de máscaras a todas as comunidades e dese a coñecer que cada autonomía terá potestade para regular certas actividades dentro da fase 2 en relación coas visitas aos centros de persoas maiores.