O universo Harry Potter déixase ver en Poio co I Torneo do Noroeste de Quidditch

Poio
15 de agosto 2015

No campo da rúa Oliveira reuníronse este sábado cinco equipos de diferentes puntos da xeografía galega, compostos por seguidores da saga literaria: Dementores, Pontevedra Quidditch Club, Lion's Blood, Lechuzas Rabiosas e Gigantes de Arousa.

I Torneo do Noroeste de quidditch en Poio Diego Torrado

Non teñen vasoiras voadoras pero pero si moitas ganas de pasalo ben.

A simple vista poden parecer un grupo de deportistas perseguindo pelotas nun campo que en lugar de portarías conta con tres aros, e ademais corren cun pau entre as pernas, pero fano para asemellarse ao deporte orixinal, ese creado por J.K. Rowling na popular saga de Harry Potter.

É o quidditch, ou a versión non máxica (muggle) deste deporte, adapatado agora á vida real e que empeza a estenderse por todo o estado, e tamén por Galicia.

O campo de fútbol da rúa Oliveira, en Poio, foi escenario este sábado do primeiro Torneo do Noroeste de Quidditch.

Alí reuníronse cinco equipos de diferentes puntos da xeografía galega, compostos por seguidores da saga literaria: Dementores, Pontevedra Quidditch Club, Lion's Blood, Lechuzas Rabiosas e Gigantes de Arousa.

Quen sabe se estamos ante o inicio de todo un fenómeno deportivo e social, pero de momento trátase simplemente de pasar un bo momento ao que invitan a unirse para próximas edicións.