O skatepark do Parque Azul completará a súa remodelación cunha intervención artística

Marín
24 de xullo 2024

O proxecto de remodelación e mellora do skatepark do Parque Azul está próximo ao seu fin, pero antes será complementado cun saneamento e mellora do acceso, así como cunha intervención artística que reforzará o carácter urbano de toda esta zona

Reforma do skate park do Parque Azul Concello de Marín

O proxecto de remodelación e mellora do skatepark do Parque Azul está próximo ao seu fin, pero antes será complementado cun saneamento e mellora do acceso, así como cunha intervención artística que reforzará o carácter urbano de toda esta zona. 

Os traballos consistiron en adaptar os elementos do skatepark ás necesidades dos usuarios, xa que presentaban un importante deterioro na conservación, tanto polo intenso uso como polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas.

Investíronse 41.512 euros con cargo unha subvención da Deputación de Pontevedra, que permitiu reparar os módulos de formigón e das bancadas.

Ademais, creouse algún módulo máis e reforzouse o peche da baranda. 

Agora esta actuación, unha vez estea rematada, complementarase coa limpieza e o saneamento de todo o acceso ao Parque Azul e tanto nesa zona como no skatepark farase unha intervención muralística para reforzar o carácter urbano do espazo.