O Sergas reorganiza o servizo de atención sanitaria en Baltar pola falta de profesionais

Pontevedra
16 de agosto 2022

El Sergas está a tramitar administrativamente as solicitudes á Oferta Pública de Emprego a través do sistema de concurso de méritos realizada pola Xunta de Galicia, que consta de 106 prazas de médico especialista de Atención Primaria

Centro de Saúde de Baltar Concello de Sanxenxo

 A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés vela por unha reorganización responsable dos medios asistenciais de Atención Primaria condicionada pola carencia de profesionais para a contratación no eido da Medicina de Familia ademais das vacacións e as baixas por diversa índole. 

Neste senso, a pasada semana o xerente e a directora asistencial desta Área Sanitaria desprazáronse ata o centro de saúde de Baltar en Sanxenxo para manter unha xuntanza técnica cos facultativos, analizar a situación e planificar alternativas que garantan en todo momento a continuidade asistencial. 

A previsión de que estiveran dispoñibles só 4 médicos e, posiblemente, 3 nos días seguintes dos 8 que conforman o persoal, levou a planificar a inactivación das axendas para manter unha axeitada atención á totalidade da poboación desta localidade e adicar todos os efectivos para atender as consultas urxentes, unha medida provisional que se prevé manter inicialmente ata o vindeiro mércores 31 de agosto de 2022. 

Na devandita xuntanza técnica tamén estableceuse un circuíto para que a renovación de receitas se efectúe pola farmacéutica de Atención Primaria do centro de saúde sanxenxino.

Desde o Sergas aseguran que están a tramitar administrativamente as solicitudes á Oferta Pública de está aberta unha oferta de emprego para contratar a 106 profesionais para diferentes centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.