O Sergas anuncia aos sindicatos cambios no equipo directivo da Xerencia da área sanitaria

Pontevedra
03 de agosto 2022

Cinco sindicatos da área sanitaria mantiñan nas últimas horas un encontro co xerente do Sergas, José Flores, que se comprometeu a manter unha nova xuntanza para deseñar un Plan Funcional de choque específico para que os profesionais sanitarios garantan unha asistencia adecuada, atendendo aos recursos dispoñibles

Hospital Montecelo Mónica Patxot

Representantes das centrais sindicais CESM, PROSAGAP, OMEGA, TSP e CO-BAS da área sanitaria de Pontevedrda-O Salnés mantiñan este martes un encontro co xerente do Sergas, José Flores, despois de reunirse o venres coa responsable de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Durante esta reunión, o xerente comprometíase a adoptar cambios no equipo directivo da Xerencia da área sanitaria liderada por José Ramón Gómez, que está a sumar críticas nos últimos tempos pola xestión dos servizos nos PAC e en Atención Primaria, principalmente. Segundo os sindicatos, Flores atendeu ás peticións dos portavoces dos traballadores coa intención de reconducir a situación de "deterioración sistemática" que está a sufrir a Sanidade Pública nestes distritos das Rías Baixas.

Ademais, os sindicatos avanzan que na próxima reunión co xerente do Sergas abordarase o deseño dun Plan Funcional de Choque Específico para analizar os recursos materiais, económicos e humanos actuais co obxectivo de que se garanta unha "asistencia adecuada, de calidade e eficiente".

Os sindicalistas rexeitan o Plan de Continxencias actual e especialmente as gardas de substitucións nos Puntos de Atención Continuada. Flores lembroulles que as instrucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos baseouse nun principio xeral de voluntariedade para abordar a situación actual.

Desde os sindicatos agradécese a vontade dos responsables da Conselleería de Sanidade e esperan que "se poida reverter esta situación e volver prestar unha sanidade pública de calidade, como a que cidadáns e profesionais merecen". 

de calidad, como la que ciudadanos y profesionales
merecen’.