O saneamento da ría de Pontevedra procurará financiación europea

Pontevedra
19 de marzo 2015

A sede da confraría de pescadores de Lourizán acolleu este mércores unha xuntanza na que participaron, o director de Augas de Galicia, representantes dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa, do Porto de Marín e da lonxa de Campelo, que xestiona os bancos marisqueiros dos pósitos de Lourizán, Pontevedra e Raxó

Xuntanza das institucións implicadas no saneamento da ría de Pontevedra Mónica Patxot

A sede da confraría de pescadores de Lourizán acolleu este mércores unha xuntanza na que participaron, o director de Augas de Galicia, representantes dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa, do Porto de Marín e da lonxa de Campelo, que xestiona os bancos marisqueiros dos pósitos de Lourizán, Pontevedra e Raxó.

Todos eles acudiron para falar do saneamento da ría de Pontevedra no que todos dixeron estar comprometidos.

O presidente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira salientou que a Xunta prevé realizar un diagnóstico da situación para o que precisa a información sobre as redes de saneamento, para  planificar as actuacións de mellora que eviten vertidos sen depurar á ría. De tal xeito sinalou coma preciso e imprescindible contar coa colaboración dos concellos.

A folla de ruta marcada pola Xunta aproveitará a experiencia recollida cos plans de saneamento local na ría do Burgo ou na de Arousa.

Todos os presentes coincidiron en que se debe aproveitar a oportunidade que se brinda coa apertura dun novo período operativo de fondos europeos, para completar o saneamento da ría de Pontevedra.

Os asistentes quedaron emprazados a una nova reunión, que se celebrará nas próximas semanas, de carácter máis técnico, na que se irá acotando os problemas existentes sobre o sistema de saneamento, para centrar o alcance dos estudos e as posibles solucións a plantexar.

Arquivado en