O Sánchez Cantón queda terceiro na final do Club de Debate

Pontevedra
05 de maio 2013

O club de debate do CPI dos Dices proclamouse gañador ex aequo xunto con clube do IES Saturnino Montojo de Ferrol na fase final deste ano 2013 que se celebrou o sábado no Auditorio de Galicia, en Santiago. Os alumnos do IES Sánchez Cantón de Pontevedra foron os seguintes clasificados. O bo ambiente reinante na final así coma as amizades que xurdiron desta cita fixo aos participantes chegar a unha sorprendente decisión, os tres primeiros clasificados compartirán a excursión cultural a Taramundi valorada en 5000 euros

Final galega do Club de Debate Concello de Santiago

O club de debate do CPI dos Dices de Rois proclamouse gañador ex aequo xunto con clube do IES Saturnino Montojo de Ferrol na fase final deste ano 2013 que se celebrou o sábado no Auditorio de Galicia, en Santiago.

Os alumnos do IES Sánchez Cantón de Pontevedra foron os seguintes clasificados.

O bo ambiente reinante na final así coma as amizades que xurdiron desta cita fixo aos participantes chegar a unha sorprendente decisión, os tres primeiros clasificados compartirán a excursión cultural a Taramundi valorada en 5000 euros. Esta viaxe, durante a fin de semana do 22 e 23 de xuño estará cargada de actividades atractivas nas que, asemade, se poida poñer en práctica o que se aprendeu e, sobre todo, o galego.

Nesta edición 2012-2013 do Club de Debate participaron 259 escolares de 22 centros, repartidos en 31 grupos. Estiveron axudados por 34 preparadores.