O rei emérito xa está en Sanxenxo

Sanxenxo
26 de setembro 2023

Nesta cuarta visita baixou a expectación mediática e a presenza de xornalistas era menor que en anteriores ocasións cando chegou a Nanín, á casa do seu amigo o presidente do Real Club Náutico Pedro Campos

Juan Carlos de Borbón á súa chegada ao domicilio do seu amigo Pedro Campos en Sanxenxo EFE / Lavandeira Jr

O rei emérito xa se atopa en Sanxenxo para participar na regata Juan Carlos I que empeza este xoves.

Nesta cuarta visita baixou a expectación mediática e a presenza de xornalistas era menor que en anteriores ocasións cando chegou a Nanín, á casa do seu amigo o presidente do Real Club Náutico Pedro Campos.

Nesta ocasión a curiosidade céntrase en saber se haberá un encontro co seu fillo, o rei Felipe VI, que o xoves estará na Toxa para a inauguración do Foro A Toja-Vínculo Atlántico. 

Sería unha cita previa ao xa anunciado reencontro con toda a súa familia o próximo 31 de outubro, con motivo dos aniversarios da Princesa Leonor no Palacio do Pardo.