O rei emérito virá a Sanxenxo: "Estaremos encantados de poder demostrarle el cariño que sentimos por él", afirma Telmo Martín

Sanxenxo
17 de maio 2022

O rei emérito Juan Carlos I regresará a España nos próximos días e acudirá a Sanxenxo esta fin de semana para asistir a unha regata de vela na que participa o barco que capitanea, o Bribón. Así o confirmou o alcalde, Telmo Martín, que sinalou que "no sé si viendo la regata o participando en ella, pero estará aquí"

O rei emérito, xunto a Telmo Martín e Pedro Campos María Muíña

O rei emérito Juan Carlos I regresará a España nos próximos días e acudirá a Sanxenxo esta fin de semana para asistir a unha regata de vela na que participa o barco que capitanea, o Bribón.

Así o confirmou este martes o alcalde, Telmo Martín, que sinalou que "no sé si viendo la regata o participando en ella, pero estará aquí".

"Nosotros estamos encantados de poder demostrarle el cariño que sentimos por él después de casi dos años de ausencia", sinalou Martín, que non quixo aclarar que día chegará o monarca a Sanxenxo aínda que "si miran el calendario de la regata se pueden hacer una idea".

O trofeo InterRías do circuíto Copa España 2022 de clase 6 mR disputarase desde este venres 20 de maio, segundo recolle o calendario da proba, polo que previsiblemente antes desa data Juan Carlos I chegaría a Sanxenxo.

A regata é a última proba preparatoria para o campionato do mundo da clase 6 mR, que se celebrará entre os días 10 e 19 de xuño en augas da ría de Pontevedra, con Sanxenxo como porto base, e no que o Bribón defende o título conseguido en 2019.

O rexedor de Sanxenxo reiterou que para el "es una visita normal", xa que lembrou que o rei emérito é un "asiduo visitante" a este municipio desde o ano 2000 e "aunque llevemos dos años sin contar con él, vamos a transmitirle el cariño que sentimos por él".

Juan Carlos I, segundo Telmo Martín, "es un ciudadano más que viene a disfrutar de nuestro paisaje, de nuestra gastronomía y de la navegación que tanto le gusta".

Martín subliñou que descoñece se Sanxenxo será o seu primeiro destino en España tras o seu regreso ao país aínda que, nin tampouco confirmou se virá acompañado das súas fillas ou algún outro membro da súa familia.

Tampouco quixo desvelar onde se aloxará o monarca pero chanceou con que "no va a dormir en la calle" ante a elevada oferta hostaleira que existe no municipio.

Con respecto á seguridade, o alcalde de Sanxenxo explicou que o rei emérito "ha venido muchas veces" polo que o municipio estará "preparado para recibirlo", aínda que non deu detalles sobre o dispositivo que se despregará para a súa protección.

"Lo importante es que venga", insistiu o rexedor, que sentenciou que "en Sanxenxo se le quiere" e que, desde que veu por primeira vez, "hay un antes y después" no municipio.