O Pleno municipal, cos votos de PP e PSdeG-PSOE, aprobou o 27 de maio de 2013 unha moción que instaba ao goberno local a reactivar o proxecto do PXOM e a traballar para a súa aprobación provisional no prazo máximo dun ano. Esixían ademais negociar coa Xunta para alcanzar un acordo para que colaborar na súa tramitación. Pasado ese prazo, segundo denuncia o Partido Popular, todo segue igual e o novo plan "sigue en el cajón".
"Como pontevedrés, como arquitecto y como concejal es un día de vergüenza tener que hablar de esta ignominia", afirmou Ricardo Aguilar, quen sinalou que esta situación "es un descrédito para Pontevedra, de un alcalde y de un ayudante [referíndose a César Mosquera, responsable da tramitación do plan urbanístico] que no cumplen los mandatos propios ni los plenarios del propio ayuntamiento".
Ricardo Aguilar recordou que o Concello de Pontevedra se gastou 1,3 millóns de euros no contrato con Consultora Galega, a empresa redactora do PXOM, nun plan "que se tiró a la basura". Insistiu en que esta situación "para un pontevedrés que quiere que su ciudad se desarrolle, esté ordenada y tenga un futuro, es una tristeza".
O concelleiro popular explicou que a ausencia de PXOM provocou numerosos contratempos. Entre eles citou a paralización do Plan Especial de Ponte Sampaio, os problemas que sufriu o Plan Especial do Porto de Marín ou o cuartel da Brilat, que non se dese solución ao complexo industrial de Ence, a falta de solo industrial ou a carencia dun porto loxístico, a regulación dos crematorios ou os trazados da Rolda Urbana e a A-57.
Neste sentido, o voceiro do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, denunciou que a cidade "está atada por su gobierno" e sinalou que "no puede crecer porque no hay PXOM", unha situación que, engadiu, "condena a Pontevedra a estar en una situación muy difícil para favorecer la creación de empleo y la reactivación de la economía".
Moreira insistiu en que o PXOM é un "fracaso político en toda regla" do goberno municipal, e citando o diñeiro pagado á empresa redactora "hasta con ciertos tintes de estafa económica a los ciudadanos de Pontevedra".
MOSQUERA PÍDELLES QUE "DEIXEN DE DAR VOLTAS"
Dende o goberno municipal, unha das persoas aludidas, o concelleiro César Mosquera, responsabilizou tamén a PP e PSdeG-PSOE de non sacar adiante o PXOM, porque afirmou que acordaron crear unha subcomisión para traballar na tramitación do documento "que tiñan que presidir e non quixeron constituila".
Mosquera asegurou que "é moi cansino dar voltas polo mesmo". Recordou que Pontevedra xa conta cun PXOM consensuado por todos os grupos políticos, que foi rexeitado pola Xunta, especialmente por dous motivos, porque non se recollía os terreos de Ence como zona industrial e por entender que había un exceso de edificabilidade.
"Se se resolven esas cousas, o plan se fai nunha patada", explicou o edil nacionalista, polo que instou a socialistas e populares a que "se mollen" e se poñan de acordo nestes dous asuntos "como queren poñer Ence no PXOM, se como industrial ou zona verde e onde hai que cortar a edificabilidade". Pero vaticinou que non o farán porque indicou que ambos os dous partidos só coinciden en "acordos vacuos".