O PSOE ve "indignante" que o Concello se envorque cos mundiais de triatlon mentres debe diñeiro ao deporte base

Pontevedra
28 de marzo 2019

O voceiro municipal do PSOE, Tino Fernández, aplaude que o goberno local de Pontevedra se implique na celebración dos mundiais de tríatlon e "metan pasta" e "festexen por todo o algo" que a conta atrás para a competición, pero considera "indignante" que, mentras tanto, os clubes deportivos da cidade levan xa máis de dous anos sen cobrar as subvencións  

Prueba de elite masculina e Sub23 do Mundial de Dúatlon de Pontevedra Diego Torrado

O voceiro municipal do PSOE, Tino Fernández, aplaude que o goberno local de Pontevedra se implique na celebración dos mundiais de tríatlon e "metan pasta" e "festexen por todo o algo" a conta atrás para a competición, pero considera "indignante" que, mentras tanto, os clubes deportivos da cidade levan xa máis de dous anos sen cobrar as subvencións que lles deben.

"Os equipos do deporte base de Pontevedra levan máis de dous anos sen axudas", asegura Tino Fernández, pois o Concello aínda non pagou a estas alturas as subvencións de 2017 (que permanecen en proceso de resolución) e nin sequera fixo públicas as convocatorias de 2018 e 2019.

Isto significa que deixaron de pagar 300.000 euros por tempada aos clubes deportivos e que en xeral a contía dos cartos que os equipos de Pontevedra deixaron de percibir ascendería pois a uns 900.000 euros, unha cifra que se aproxima aos 1,4 millóns que se investiron nos mundiais de triatlon.

O voceiro do PSOE considera "irritante" que se teña chegado a este extremo de débeda cos equipos da cidade, porque eles son precisamente os que permiten vender a Pontevedra como un lugar impregnado de deporte.

Así, tal e como xa sinalou en anteriores ocasións, critica que o goberno local do BNG "é moi amigo de facerse fotos cos deportistas que conseguen triunfos a nivel internacional", pero "moi rácano" á hora de colaborar economicamente cos clubes para que estas vitorias sexan posibles 

Segundo os datos facilitados polo PSOE, as subvencións anuais que o Concello capitalino lles debe aos clubes deportivos van dende 23.000 a 8.000 euros. Entre as entidades afectadas atópanse o Teucro, o Cisne ou o Marcón Atlético.