O PSOE reclama o coidado do carballo de Santa Margarida

Pontevedra
12 de xullo 2016

Segundo os socialistas, os vecinos da zona e a Comunidade de Montes de Mourente veñen alertando da situación da árbore, sometida a unha serie de agresións que o veñen debilitando

Carballo de Santa Margarida Cristina Saiz

O grupo municipal socialista de Pontevedra mostra a súa preocupación pola situación que atravesa o carballo de Santa Margarida, unha árbore ao que se lle atribúen ao redor de 500 anos de vida.

Este símbolo para os pontevedreses está a ser sometido a agresións que o veñen debilitando e que é necesario corrixir, segundo apuntan os socialistas atendendo ás queixas dos veciños da zona e á Comunidade de Montes de Mourente.

Afirman que o asfaltado que lle rodea, a deficiencia da drenaxe ou algunhas pragas que o atacaron no seu momento e que é necesario controlar poñen en risco a saúde deste carballo centenario.

Por este motivo, o portavoz do grupo Agustín Fernández presentará unha moción no próximo pleno para que o alcalde de Pontevedra e o grupo de goberno tome a iniciativa para que os propietarios da árbore, en colaboración co resto de administracións competentes como a Xunta de Galicia e a Deputación desenvolvan unha acción coordinada que permita garantir a saúde da árbore.