O PSOE presume de resultados "más que aceptables" o 12X na provincia, pero chama á "reflexión profunda" a nivel Galicia

Pontevedra
17 de xullo 2020

O próximo 22 de xullo convocarán un comité provincial "diferente" que estará aberto a toda a militancia porque é o momento de "escuchar mucho" neste foro interno para saber que opina a militancia sobre en que fallou o partido e sobre "cuál es el rumbo que debemos seguir"

O secretario xeral provincial do PSOE, David Regades, e a secretaria de Organización, Paula Fernández Mónica Patxot

A agrupación provincial do PSdeG-PSOE realizou este venres unha primeira valoración do resultado das eleccións autonómicas do pasado domingo. A situación analizouse en profundidade nunha Executiva na tarde deste venres, pero, horas antes, o secretario xeral provincial, David Regades, xa fixo unha primeira análise e conclúe que, no caso da provincia de Pontevedra, o resultado é "más que aceptable", pero a nivel galego é necesario facer unha "reflexión profunda". 

Os socialistas obtiveron o domingo 104.296 votos na provincia, preto de 14.000 votos máis que hai case catro anos, un crecemento de case un 5%. Con estes datos sobre a mesa, Regades quixo sacar peito do feito de que "con el resultado de la provincia de Pontevedra Feijóo hoy no sería presidente de la Xunta de Galicia"

Así, presumiu de que o 40% ds deputados do PSOE en Galicia saen da provincia de Pontevedra e de que o partido baixou resultados en Lugo e en A Coruña e esta subida de case 5 puntos en Pontevedra "hace que el global de Galicia sea un resultado positivo". 

En opinión de Regades, o PSOE na provincia "está más fuerte que nunca" e atribúe o resultado a que se logrou o compromiso que se marcou cando chegou ao cargo hai tres anos, que "el partido estuviese unido". Na súa opinión, durante a campaña demostrouse que " no había rivales dentro del partido sino que todos juntos fuimos capaces de hacer una gran campaña y todos juntos fuimos capaces de llevar al PSOE a este resultado", que supón dous deputados máis que hai catro anos. 

Ademais de poñer en valor os resultados da cidade de Vigo, Regades tamén destacou a figura da presidenta da Deputacion, Carmela Silva, "un referente de la transparencia y de la política municipal y un referente del feminismo"

A nivel autonómico, considera que é necesario reflexionar sobre o resultado, cunha "reflexión sosegada" porque "este partido tiene vocación de ser primera fuerza cada vez que va a unas elecciones y tiene la vocación de gobernar y en este caso estuvimos muy lejos de ese objetivo".

Na súa opinión, cometéronse erros durante a precampaña e a campaña e, para analizalos, o próximo 22 de xullo convocará un comité provincial "diferente" que estea aberto a toda a militancia. "Todos los compañeros y todas las compañeras del PSOE en la provincia de Pontevedra están invitados a ir a este comité con voz para poder hablar y para poder expresar qué piensan del resultado electoral, qué piensan del futuro del Partido Socialista en esta provincia", explicou.

Así, considera que é o momento de "escuchar mucho" neste foro interno para saber que opina a militancia sobre en que fallou o partido e tamén sobre "cuál es el rumbo que debemos seguir en los próximos años", porque Regades está convencido de que o PSOE, na próxima cita electoral, volverá ser primeira forza na provincia.  

Regades lembrou que o Partido Socialista concorría a esta cita electoral co impulso que supón dirixir tres das catro deputacións, gobernar en 5 das sete grandes cidades e ostentar 111 alcaldías, ademais das presidencias das federacións española e galega de Municipios e Provincias (a FEMP e a FEGAMP), un poder institucional que, en circunstancias normais, unha organización madura e forte, como a socialista, debe ser quen de trasladar ás eleccións autonómicas. Por iso ve necesario reflexionar.