Ante o "alarmante e desesperante" crecemento do paro no Concello de Pontevedra, a deputada socialista Patricia Vilán decidiu presentar unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamarlle ao Goberno autonómico que explique a súa "análise sobre os datos do paro en Pontevedra".
A deputada pontevedresa esixe á Xunta que "adopte medidas que poñan fin ao desemprego en Pontevedra cidade, nomeadamente entre os colectivos máis vulnerables, tales como os parados de longa duración, as mulleres ou a xente nova.
Os últimos datos de desemprego revelan que na provincia hai un total de 99.181 desempregados, 10.500 na capital. Isto significa, segundo Vilán, que dende o ano 2009 a poboación parada creceu un 91 por cento, case o dobre, pasando de 5.500 a 10.500 persoas.
Engades a socialista que a taxa de paro "practicamente se duplicou" pasando dun 13,3 por cento ao 25,8 por cento, por enriba da media estatal e autonómica, de aí que queira que a Xunta aporte explicacións.