O PSOE acusa ao Ibex 35 de "presionar" á Audiencia Nacional en favor de ENCE

Pontevedra
23 de xuño 2021

"Nos consta que esas presións existen", sinalou Tino Fernández, que confía que a pesar desta situación a sentenza sexa "favorable" aos cidadáns de Pontevedra "no sentido de establecer xa un camiño de saída para Ence na ría"

Tino Fernández, concelleiro de Educación de Pontevedra e tenente de alcalde Mónica Patxot

O tenente de alcalde en Pontevedra, o socialista Tino Fernández, espera que os xuíces da Audiencia Nacional "sexan capaces" de soportar as "presións" que, segundo asegura, están a recibir desde o Ibex 35 para que diten sentenza en favor de Ence.

"Nos consta que esas presións existen", sinalou Fernández, que confía que a pesar desta situación a sentenza sexa "favorable" aos cidadáns de Pontevedra "no sentido de establecer xa un camiño de saída para Ence na ría".

Para o PSOE, a "única solución viable" para o mantemento dos postos de traballo da fábrica pasteira é buscar unha alternativa de traslado dentro da comarca de Pontevedra.

Ese debe ser o obxectivo, segundo Tino Fernández, do traballo da mesa de negociación, na que ao seu xuízo a Xunta tense que "implicar moito máis" ao ser a competente en materias como urbanismo e medio ambiente.

Debe ser o goberno galego o que, xunto coa empresa, "propoñan posibles localizacións que permitan este traslado", engadiu Fernández.