O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, anunciou que recorrerá de novo a decisión da Xunta Electoral de zona de arquivar a denuncia dos populares contra o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) por un acto sobre a crise celebrado o pasado 11 de setembro con axentes sociais e económicos da cidade.
A Xunta Electoral xa arquivou a denuncia no seu día, mais un recurso do PP obrigou a reabrila.
Moreira afirmou que aínda non coñece a resolución oficialmente para poder analizar o seu contido en profundidade, mais adiantou que "obviamente formularemos recurso pois seguimos mantendo que a reunión que Miguel Fernández Lores tivo na Casa dás Campás con distintos colectivos foi un acto político electoral".
Pese a este novo revés Jacobo Moreira insiste na súa tese e reitera que "o señor Lores aproveitouse do seu cargo de alcalde, para inducir á xente a non votar ao PP o que ao seu xuízo infrinxe a normativa electoral e iso mantémolo e volverémolo a defender ante a Xunta electoral provincial", remachou.