O PP valora como "absolutamente decepcionante" o orzamento da Deputación

Pontevedra
27 de novembro 2017

Os deputados do Partido Popular, Elena Muñoz e Luís Aragunde valoraron este luns como "absolutamente decepcionante" o orzamento da Deputación de Pontevedra que levará a pleno extraordinario este martes 28 de novembro

Elena Muñoz e Luis Aragunde Mónica Patxot

Os deputados do Partido Popular,  Elena Muñoz e Luís  Aragunde valoraron este luns como "absolutamente decepcionante" o orzamento da Deputación de Pontevedra que levará a pleno extraordinario este martes 28 de novembro.

Elena Muñoz sinalou que as contas presentadas reflicten a "verdadera cara del gobierno bipartito" nas que "se caen muchas caretas" que "hacen bueno el dicho de dime de lo que presumes y te diré de lo que careces" xa que, asegura que está feito "de espaldas a los concellos, a los alcaldes y a los sindicatos".

Por unha banda, os populares critican que a Deputación provincial repita actuacións que "han sido un auténtico fracaso" como o Plan Revitaliza ou o Plan de Parques forestais, que son apostas da Vicepresidencia, o primeiro para facilitar aos concellos da provincia un novo tratamento do lixo baseado na compostaxe e "en el que solamente participan 5 de los 61 municipios de la provincia" e o segundo plan propón unha mellora do monte mediante a creación de parques forestais "que lo han pedido 10 de 61 concellos". 

Neste contexto  Elena Muñoz tamén incluíu ao Plan de Reequilibrio para financiar proxectos singulares "que sólo se lo han dado a 25 de 52 concellos", o 80% con gobernos do Partido Socialista ou o BNG, "es el sectarismo absoluto", asegurou.

Por outra banda, a portavoz do PP provincial explicou que o orzamento está feito "de espaldas a los concellos" porque a presidenta da Deputación, Carmela Silva, "no los conoce" xa que "tiene más de la mitad de los concellos por visitar" ao que engadiu as críticas por "negarse a recibir a muchísimos alcaldes".

Elena Muñoz continuou remarcando que o orzamento está "carente de iniciativas que ellos mismos habían anunciado a bombo y platillo" e citou "los 90 millones de euros para los incendios o los 70 para el Plan Concellos", ademais das melloras dos servizos de emerxencias ou as prácticas laborais dos recentemente titulados, entre outras iniciativas.

Finalmente a portavoz popular afirmou que ao orzamento fáltalle "ilusión" en sectores estratéxicos como o turismo, a viticultura, a gandería ou o mar, que son os "grandes olvidados" e reprochou que "solamente crece el gasto de personal y el gasto corriente" en concreto, respecto ao último orzamento dun goberno do PP no 2015 este capítulo crece este ano en 8 millóns de euros "sólo gastan más en ellos mismos" mentras que "bajan de una manera estrepitosa" os investimentos reais.

O deputado Luís  Aragunde engadiu que o goberno provincial mostra con este orzamento que "pretende eliminar" esta institución como, ao seu xuízo, reflicte que teñen "abandonados" a algúns dos seus centros dependentes como a Finca de Mouriscade, o Museo de Pontevedra, a cidade infantil Príncipe Felipe ou o Parque de Maquinaria.