O PP rexeita debater sobre a Lei Wert de educación en Poio

Poio
08 de abril 2013

Os populares declinan asistir á mesa redonda para falar sobre a LOMCE nun acto organizado pola Federación de Nais e Pais de Pontevedra que se vai celebrar no Casal de Ferreirós de Poio

Mozos reclamando unha educación pública, gratuita e de calidade ante o mitin de Alberto Núñez Feijóo PontevedraViva

O venres 12 de abril ás oito da tarde o Casal de Ferreirós acollerá unha mesa redonda para tratar o tema da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), máis coñecida como Lei Wert. Neste debate quérese analizar as consecuencias que a aplicación da lei ten nos centros educativos.

A Federación de asociacións de Nais e Pais de Pontevedra (FANPA) quixo organizar este acto no que participarán representantes deste colectivo no CEIP de Poio, unha profesora, representantes políticos do PSOE e do BNG.

Non obstante, non acudirá ninguén do Partido Popular nin tampouco o Xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez. Segundo denuncia o organizador do evento, Jorge Pérez, vicepresidente de FANPA Pontevedra para Poio e Barro, os representantes do partido no goberno foron invitados e rexeitaron acudir a esta cita.