O PP reclama ao Concello máis información sobre as multas na zona de baixas emisións

Pontevedra
16 de decembro 2023

O portavoz do PP, Rafa Domínguez pide "transparencia" ao Concello de Pontevedra cos seus plans de tráfico para que os cidadáns saiban onde están os límites "para no exponerse a una sanción de tráfico por conducir por la ciudad"

Sinal da Zona de Baixas Emisións en Pontevedra Concello de Pontevedra

As explicacións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sobre a zona de baixas emisións (ZBE), asegurando que só se multará "en caso de abuso", son "insuficientes" para o Partido Popular.

O portavoz do grupo municipal do PP,  Rafa Domínguez volveu a esixir, esta fin de semana, ao rexedor da capital, aclaracións sobre a instalación de máis cámaras de tráfico "para que los ciudadanos sepan de cuánto van a ser las multas" e "¿qué entiende Lores por caso de abuso?" na estrada.

Para Rafa Domínguez "lo único que está claro es que hay un régimen sancionador, público y objetivo, que marca los criterios objetivos a cumplir. Por lo tanto, no puede ser que dependa de Lores a quién se multa y a quién no, según las situaciones de abuso que él o su equipo determinen", sostivo.

O líder da oposición pediu que o goberno local sexa "honesto y preciso" cando lle preguntan pola ZBE porque, a día de hoxe,  "una persona que vaya a trabajar y tenga que atravesar Pontevedra, no sabe si será considerado un caso de abuso".

Domínguez concluíu dicindo que é importante coñecer os plans de tráfico do Concello de Pontevedra para que os cidadáns saiban onde están os límites para non expoñerse a unha multa ao conducir pola cidade.