O PP propón deixar nas mans de expertos os cambios no rueiro

Pontevedra
06 de marzo 2018

María Victoria Moreno merece "indubidablemente" unha rúa, unha praza ou un parque co seu nome en Pontevedra, segundo o Partido Popular. Pero, con todo, os populares cuestionan o método elixido polo goberno municipal para homenaxear á mestra á que se lle dedicará este ano o Día das Letras Galegas

César Abal, concelleiro do Partido Popular Mónica Patxot

María Victoria Moreno merece "indubidablemente" unha rúa, unha praza ou un parque co seu nome en Pontevedra, segundo o Partido Popular. Pero, con todo, os populares cuestionan o método elixido polo goberno municipal para homenaxear á mestra á que se lle dedicará este ano o Día das Letras Galegas.

O PP reitera que a modificación do actual rueiro debe ser analizada por un equipo de expertos que elaboren un listado de propostas, seguindo o criterio a tres niveis que se estableceu o pasado mes de setembro: nomes femininos, galeguización e toponimia.

O concelleiro César Abal considera "imprescindible" que ademais do cambio de denominación da rúa Fernández Ladreda, debe abordarse este análise "independente" para evitar "agravios" con outras persoas importantes da nosa sociedade.

"Non pode estar calquera grupo político ou concelleiro propoñendo nomes porque detrás hai familias que poden sentirse discriminadas", sinala Abal.

De aí que, ante a proposta de cambiar Fernández Ladreda por María Victoria Moreno, o PP propoña tratar "con discreción e consenso" unha proposta definitiva que ordene o rueiro urbano de Pontevedra.