O grupo local do Partido Popular rexistrou este luns unha emenda á totalidade aos orzamentos municipais do Concello de Pontevedra elaborados polo Goberno do BNG e do PSOE. A concelleira portavoz do Goberno Local, Anabel Gulías comentou a "decepción absoluta" con respecto á actitude dos populares
En rolda de prensa os concelleiros populares, Rafa Domínguez e Gerardo Pérez Puga explicaron que "son unos presupuestos continuistas, prácticamente un corta y pega de los anteriores, en los que no se tiene en cuenta, ni figura, la crisis generada por la covid-19".
Domínguez reprochou que na confección destes orzamentos "todas nuestras propuestas han sido rechazadas".
Segundo enumerou o portavoz do PP local "el documento no recoge ayudas directas a autónomos, comercio local y hostelería, como nosotros presentamos; no cuenta con la eliminación y exención de tasas que pedimos, que vimos como el PSOE en un primer momento la valoró positivamente para luego ser llamado al orden por el BNG; y no incluye el incremento del gasto social que solicitamos, para así seguir siendo una de las capitales de España con menor inversión en Servicios Sociales".
En canto ás medidas económicas, Domínguez detallou que as axudas do plan Supera21 "se han reducido drásticamente a la mitad" polo que acusou aos socios do Goberno local de estar "muy desconectados de la realidad social".
Neste sentido, Rafa Domínguez indicou que respecto a as medidas de exención de taxas e impostos, había "tiranteces" nos Orzamentos por este punto, das que responsabilizou directamente ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ao afirmar que "la insensibilidad de Lores ha ganado la batalla. La sumisión de los socialistas es absoluta, y Lores quiere seguir cobrando unos impuestos por unos servicios que no se han prestado".
Sobre os servizos sociais, o portavoz popular ha indicado que "el incremento ronda un simple dos por ciento" algo que consideran "absolutamente vergonzoso" nun momento no que "los pontevedreses están sufriendo, están tan necesitados, con comedores sociales llenos y los bancos de alimentos que no dan abasto" e compara este dato con outras partidas do orzamento "eso sí, el incremento en instalación de composteros es del 238%".
Segundo Domínguez o Departamento de Intervención do Concello "vuelve a tirar de las orejas a Lores y el PSOE, pues solo concluye que solo se ha gastado el 38% de lo que tenía presupuestado para inversiones, un gasto absolutamente ridículo".
Ademais, Domínguez tamén criticou a redución da renda social municipal, ou o capítulo de investimentos que mostra, ao seu juício, un "déficit severo" porque "solo se hace referencia a 7 proyectos, con partidas genéricas".
RESPOSTA DO GOBERNO LOCAL
A concelleira portavoz do Goberno Local de Pontevedra, Anabel Gulías comentou a "decepción absoluta" con respecto á emenda á totalidade presentada polos populares ao orzamento municipal que "nos chama a atención a actitude do Partido Popular" pola "pouca importancia" que lle dan ao documento dos orzamentos xa que, segundo dixo, a súa emenda é "un curta e pega das dúas mocións que presentaron".
"Carece de ningunha elaboración e segue o mesmo principio que ten o Partido Popular durante toda esta crise cunha visión creativa do que é unha economía municipal e insisten na baixada de impostos á vez que aumentan o gasto público sen que haxa ningunha congruencia estre estas dúas cuestións", dixo a portavoz nacionalista.
"A min daríame medo que chegasen a gobernar" engadiu Anabel Gulías con respecto ao "pouco rigor" que, segundo dixo, teñen os populares.