O PP pide o incremento de persoal no departamento de Servizos Sociais para deixar de ser "un ayuntamiento sin alma"

Pontevedra
25 de xaneiro 2024

Silvia Junco, concelleira do Partido Popular, alerta do escaso investimento en materia de servizos sociais do Concello de Pontevedra ao dedicar 47,51 euros por habitante ao ano. Advierten que a partida orzamentaria para 2024 de renda social municipal descende nun 63%. "Estamos preocupados por el escaso interés", manifestan os populares

Instalacións de Benestar Social no chalet de Fontoira
Instalacións de Benestar Social no chalet de Fontoira /

Silvia Junco, concelleira do Partido Popular de Pontevedra, reclamaba este xoves un esforzo por parte do Concello de Pontevedra para potenciar os servizos sociais no municipio.

A edil popular explicou que no último informe anual elaborado pola Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, Pontevedra figura como o único municipio galego co cualificativo de "pobre" e "reincidente". Junco manifestou que o Concello inviste 47,51 euros por habitante ao ano en gasto social. O baremo de excelencia márcase, desde a asociación, a partir dos cen euros.

Tamén ofreceu os datos do Instituto Galego de Estatística que cifra en 13.000 o número de domicilios de Pontevedra que, durante o ano 2023, "tuvieron que apretarse el cinturón para llegar a fin de mes". Silvia Junco apuntou que se trata de dous mil vivendas máis que o ano anterior.

"Mucha gente lo está pasando realmente mal y desde los ayuntamientos como administración más cercana hay que seguir ayudando a esas personas", argumentou a concelleira apuntando que Pontevedra non merece ser un "concello sen alma".

Desde as filas populares reclaman que se destine o 10% do orzamento municipal a servizos sociais, e con urxencia demandan que se reforce o persoal deste servizo. 

A estas peticións suman un incremento da partida orzada para entidades sociais do terceiro sector, convocar subvencións para fins sociais, destinar unha partida para alugueiro dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade e plans locais de emprego con talleres para persoas de longa duración nas listas do paro, maiores de 45 anos e menores de 30.

Silvia Junco lamentou a "falta de interés" por parte do goberno local ante estas situacións e esixe un "esfuerzo para no dejar a nadie atrás" lembrando que tamén é necesario un equipo de inclusión social.