O PP pide coñecer o custo e a axenda da viaxe do Concello a Pequín

Pontevedra
15 de decembro 2016

Os populares reiteran que as viaxes deste tipo "deben reportar un beneficio para a nosa cidade" e buscar un retorno económico ou turístico que sexa "perceptible" para os cidadáns

Jacobo Moreira e Miguel Anxo Fernández Lores, antes de comezar o pleno Mónica Patxot

O Partido Popular dirixiuse ao goberno municipal para pedir información detallada sobre o custo e a axenda institucional da viaxe que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acaba de realizar a China.

Jacobo Moreira reclama que estes datos se publiquen a través da páxina web municipal, cumprindo así o acordo plenario alcanzado o pasado mes de maio.

Os populares reiteran que as viaxes deste tipo "deben reportar un beneficio para a nosa cidade" e buscar un retorno económico ou turístico que sexa "perceptible" para os cidadáns.

Por iso, o PP esixe que o Concello informe da axenda que protagonizou Fernández Lores as localidades de Shenzhen e Pequín e os contactos profesionais que se realizaron con persoas ou entidades chinesas durante esta viaxe.