O PP pide ao Goberno de España que se implique economicamente coa rehabilitación de Santa Clara

Pontevedra
02 de febreiro 2024

Así o reclamou a concelleira e senadora do PP, Pepa Pardo, que é partidaria de que todas as administracións se involucren para que o antigo convento se converta "na xoia da coroa do Museo de Pontevedra"

Visita do goberno provincial ao convento de Santa Clara Mónica Patxot

A concelleira e senadora do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, rexistrou unha pregunta no Senado para saber se o Goberno de España ten intencións de colaborar economicamente coa rehabilitación do convento de Santa Clara e, se é así, que importe estaría disposto a destinar.

A popular asegurou que este proxecto "requiere de la colaboración de todas las administraciones" debido a súa "envergadura e importancia", non só para a cidade, senón "en general, para España, por el uso cultural al que va a ser destinado". 

Na súa pregunta ao Goberno que preside Pedro Sánchez, Pepa Pardo cita como exemplo o convenio de colaboración económica asinado esta semana polo que a Xunta se compromete a destinar 6 millóns de euros a esta rehabilitación.

A senadora do PP tamén reitera a importancia de que todas as administracións, e cita Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e o Goberno de España, "deben colaborar y contribuir económicamente en la rehabilitación del convento de Santa Clara para lograr su integración en la manzana cultural de la ciudad".

A popular espera que o Executivo central responda afirmativamente á súa pregunta no Senado e que Pedro Sánchez "sea capaz de dejar de lado sus siglas políticas para aportar económicamente lo que Pontevedra y Santa Clara necesitan".