O PP local reaccionou ao malestar manifestado pola concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra, a socialista Paloma Castro, ante a decisión da Xunta de conceder a Red Madre un espazo no Edificio Azul de Benito Corbal.
Rafa Domínguez, portavoz local do Partido Popular, pregúntase se Paloma Castro vai pedir tamén explicacións á presidenta da Deputación, a socialista Carmela Silva, por ter concedido subvencións a este mesmo colectivo.
En 2018, a institución provincial otorgou preto de 5.000 euros ao programa Anxela desta asociación antiabortista. Por este motivo, Rafa Domínguez quedouse "atónito" ao ver que a concellería esixía explicacións públicas á Xunta pola cesión dun local.
O representante popular sinala que as declaracións de Paloma Castro amosan a falta de integración e sintonía do PSOE local co provincial, levándolle a "situacións tan absurdas" como a relacionada coa polémica da Red Madre.
O Partido Popular apunta a que esta asociación realizou un labor social na cidade coa axuda de emerxencia a preto de 100 nais e aos seus menores durante 2018 na provincia.
O PP considera que o PSOE está a facer "o ridículo" desde que forman parte da nova corporación no Concello de Pontevedra. Domínguez reclama coherencia e agarda unha resposta de Paloma Castro sobre esas axudas concedidas polo goberno bipartito da Deputación.