O PP percorre Ponte Sampaio e recompila deficiencias e carencias en servizos esenciais da parroquia

Pontevedra
24 de xullo 2024

A edil Aroa Otero sinala que “non supoñería un gran desembolso para as arcas municipais pero serían importantes para mellorar o benestar destes veciños que pagan os mesmos impostos que os do centro da cidade”

A concelleira popular Aroa Otero en Ponte Sampaio

A concelleira do PP de Pontevedra Aroa Otero, percorreu a parroquia de Ponte Sampaio facendo recompilación dunha serie de deficiencias ás que urxía solución ao goberno local, dado que “non supoñería un gran desembolso para as arcas municipais pero serían importantes para mellorar o benestar destes veciños que pagan os mesmos impostos que os do centro da cidade”.

Na listaxe de deficiencias a máis perentoria que sinala a edil é a xestión dos residuos e a limpeza pública.

Así, solicita que a nova ordenanza obrigue a substituír e ampliar os contedores, moitos deteriorados, de Ponte Sampaio e queixouse do cheiro que xeran dado que a recollida realízase luns, mércores e venres.

A representante popular continúa as carencias coa limpeza e mantemento de viais e camiños públicos, a protección de elementos de patrimonio histórico como o lavadoiro, a recuperación ambiental da xunqueira de Ponte Sampaio que tachou de "eterna promesa que unha vez terminan as eleccións meten no caixón de obxectos perdidos" e o estado que presenta a praia fluvial.

Os danos e faltas tamén refiren á parada do autobús escolar para o alumnado do CEIP Ponte Sampaio ou a marquesiña do lugar de Acevedo.