O PP pedirá explicacións ao 112 no Parlamento polo incendio da Ferrería

Pontevedra
16 de febreiro 2016

O PP acusou ao goberno local de "non acalar as dúbidas xerando tranquilidade e confianza" asegurando que con esta iniciativa non queren poñer en cuestión o labor dos bombeiros

Axentes da Policía Científica no edificio da Ferrería PontevedraViva

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, anunciou este martes que a súa formación pedirá explicacións no Parlamento de Galicia ao director xeral de Emerxencias sobre o incendio da Ferrería.

Queren ser informados dos recursos que foron solicitados para esta actuación e "toda la información que tenga".

Moreira asegurou que "nos vemos obrigados a ter que preguntar ao 112" dado que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores "no ofrece información a la oposición", dixo.

Jacobo Moreira lembrou que este martes cúmprense quince días desde que pediron unha reunión extraordinaria da Xunta de Portavoces para que o alcalde, dese conta do operativo despregado polos bombeiros con motivo do incendio.

Os populares entenden que desde entón o rexedor "ha tenido tiempo más que suficiente para conocer los pormenores de los sucedido" con todo, ante este "silencio".

"Lejos de aclarar las dudas de los vecinos se ha mantenido en silencio provocando que surgieran en la ciudadanía suposiciones y conjeturas sobre el incendio", criticou.

O PP acusou ao goberno local de "non acalar as dúbidas xerando tranquilidade e confianza" asegurando que con esta iniciativa non queren poñer en cuestión o labor dos bombeiros.

"No dejaremos que Lores se vaya de rositas esta vez", concluíu Moreira tras lembrar que o alcalde aínda non deu explicacións polo aparcadoiro subterráneo de Montero Ríos no verán do 2014.

BRIGADA CIENTÍFICA

Este martes axentes da Brigada Científica da Policía Nacional procedentes de Madrid volveron ao inmoble incendiado para continuar coa investigación que aclare as causas do sinistro.

Arquivado en